Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP gaña o premio á innovación didáctica na formación do INAP

    A Escola / Venres, 3 de Abril de 2020.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) foi galardoada na sexta edición dos Premios á Calidade na Formación para o Emprego das Administracións Públicas co Premio á innovación didáctica, concedido polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), polo proxecto Universo EGAP Innova.


    O Universo EGAP Innova xurdiu no segundo semestre de 2019 como un proxecto multidisciplinar e transversal creado co obxectivo principal de contribuír á innovación e ao cambio nas administracións públicas a través de novas prácticas formativas que implicasen a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades.

    Este proxecto consta á súa vez de tres programas formativos con características diferenciadas pero complementarios entre si, dando lugar á creación de sinerxías entre eles. Así, dentro do Universo EGAP Innova a Escola creou unha comunidade de práctica centrada na protección de datos, pílulas formativas e os e-martes. Todas estas accións serviron para dar formación a máis de 300 persoas entre outubro de 2019 e marzo de 2020.

    Os e-martes tiveron un importante papel na programación da Escola durante o último semestre do pasado ano e debido ao seu éxito de matrícula e aos bos resultados das enquisas de satisfacción o proxecto está a ter continuidade en 2020. Esta actividade consta dunha sesión presencial que ten como finalidade proporcionar formación práctica e breve ao persoal empregado público da Administración autonómica galega sobre aspectos concretos das transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da administración electrónica. Para logralo deseñáronse, co apoio da Amtega, varias sesións cunha duración de seis horas que tratan polo miúdo temas coma o rexistro electrónico na Xunta de Galicia, o uso de certificados dixitais, a contratación pública e as notificacións electrónicas.

    En definitiva, as tres partes que conforman o Universo EGAP Innova, xunto coa formación continua, superior e as xornadas dan conta do interese da Escola por ofrecer unha formación ampla, de calidade e actualizada en materia de administración electrónica que permita ao sector público operar coa maior eficacia e eficiencia, coa finalidade última de prestar servizos públicos dixitais de calidade. 
  • Recursos
  •   Resolución BOE  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 864 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212